InicioTerra CháCastro de ReiO Concello de Castro de Rei afronta a renovación das rúas municipais

O Concello de Castro de Rei afronta a renovación das rúas municipais

Castro de Rei disporá de 355.000 euros para tres grandes actuacións de rehabilitación e a mellora da seguridade nas vías municipais

PUBLICADA O

- Advertisement -

As estradas de titularidade municipal de Castro de Rei recibirán traballos de rehabilitación tanto no centro do concello coma nas parroquias circundantes. Logo do inverno e do desgaste continuado do firme, tres grandes actuacións permitirán mellorar a seguridade do tráfico e finalizar traballos iniciados con anterioridade.

A intervención consta de tres obras. A primeira partida, de 76.000 euros, servirá para rematar a estrada de Prevesos, con recursos do Plan Marco da Xunta de Galicia. Meirande será a segunda partida, para as parroquias de Duancos, Duarría e San Martiño, con 102.000 euros procedentes do Plan de Obras e Servizos da Deputación de Lugo. E a derradeira e meirande, de 176.000 euros, mellorará e ampliará a rúa Trapero Pardo.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...