InicioMedioambiente e PatrimonioDescubrindo o valor da fermosa paisaxe do Alto Miño dende a infancia

Descubrindo o valor da fermosa paisaxe do Alto Miño dende a infancia

Os escolares de Begonte descobren, co proxecto de custodia do territorio, a importancia e peculiaridade dos bosques de ribeira, lagoas e turbeiras do Alto Miño

PUBLICADA O

- Advertisement -

Escolares de entre 3 e 12 anos de Begonte descubrirán o valor do complexo húmido do Alto Miño a través do proxecto de custodia do territorio, auspiciado pola Deputación. Así, 54 escolares do CEIP Virxe do Corpiño contarán con paneis informativos cedidos polo ente provincial cos que aprender a importancia e a particularidade destes hábitats, fundamentais na identidade da Chaira.

Os cativos aproximaranse polo miúdo as Insuas do Miño e os Ollos de Begonte, lugares cun elevado grao de naturalidade, fogar da biodiversidade dos bosques de ribeira, lagoas e turbeiras. O deputado Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, asegurou que a exposición sobre a conca do Miño “servirá para dar a coñecer o patrimonio natural lucense e mergullar aos escolares no respecto e a conservación da natureza”.

Durante estas clases guiadas que se celebrarán no centro de Begonte, os titores achegarán a beleza deste territorio, espallando a riqueza natural do interior de Lugo. O obxectivo último é acadar un compromiso por parte dos alumnos a prol do medio ambiente, facéndoos partícipes da xestión sustentable do territorio.

A Deputación asinou un acordo en 2014 para o estudo da xestión de 106 hectáreas de terreo na zona de confluencia dos concellos de Outeiro de Rei, Rábade e Begonte. A autoridade provincial procura contribuír á valorización do patrimonio natural e cultural na Terra Chá e a Montaña, áreas senlleiras con enormes posibilidades didácticas. 

O rol estratéxico dos humedais de Lugo contra o cambio climático

ÚLTIMAS

Autorizado un novo parque eólico entre Castroverde, Castro de Rei e Pol

A Xunta concedeu a autorización ambiental ao parque eólico Batifol, situado entre os municipios lucenses...

O PP de Lugo critica a “precariedade” do servizo municipal de bombeiros

O Partido Popular de Lugo advertiu da falta de bocas de incendio no polígono...

Acusacións entre PSOE e PP de Lugo por falta de unanimidade nunha votación

A reunión da Comisión de Suxestións celebrada este xoves no Concello de Lugo terminou...

Deputación e Concello de Lugo estiman que as obras da avenida Infanta Elena rematarán entre outubro e novembro

As obras de desdobramento do último tramo da avenida Infanta Elena de Lugo terminarán...