InicioTerra CháAbadínMorre un home en Abadín ao despeñarse o tractor que conducía de...

Morre un home en Abadín ao despeñarse o tractor que conducía de madrugada cando ía atender gando

Persoal sanitario do 061 non puido evitar o falecemento do condutor.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home de 56 anos morreu en Abadín ao despeñarse o tractor que conducía na madrugada deste sábado e chocar contra uns piñeiros, cando acudía a atender gando da súa propiedade.

Segundo informou a Garda Civil de Lugo, o sinistro produciuse no lugar de Espiñarcao, na estrada LUP-3106, en Abadín, sobre as 1,10 horas da madrugada deste sábado.

O home, natural e veciño de Abadín, faleceu ao despeñarse o tractor que conducía pola ladeira dun monte e chocar cuns piñeiros.

No lugar foi atendido por persoal sanitario do 061, pero non puideron evitar o falecemento do condutor e único ocupante do vehículo, co que, segundo as primeiras informacións, dirixíase a atender gando vacún da súa propiedade, que se atopaba na leira lindeira ao lugar onde se produciu o sinistro.

A Garda Civil instruíu as correspondentes dilixencias policiais para a súa remisión ao Xulgado de Garda de Mondoñedo.

ÚLTIMAS

Miguel Fernández elude situarse sobre os candidatos a presidir o PSOE provincial

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, eludiu situarse e explicar a que candidato apoiará no...

Conduce cara o centro de Lugo superando 7 veces a taxa de alcol, co permiso sen vixencia e facendo eses

A Policía Local de Lugo interveu a pasada madrugada a un condutor que superaba sete veces a...

Primeira reunión José Tomé e Miguel Fernández:”compromiso de estabilidade e colaboración institucional”

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, fixo na mañá deste luns a súa primeira...

Publicada a resolución pola que se denega a autorización ambiental para unha planta de biometano en Lugo

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns o anuncio, de marzo de 2025, da...