InicioSucesosImputan un veciño de Abadín por ameazar unha muller a través de...

Imputan un veciño de Abadín por ameazar unha muller a través de WhatsApp

Tras a realización de ciberpatrullaxe e procura en bases de datos policiais, os axentes identificaron o titular da liña telefónica e puxeron o caso en coñecemento do Xulgado de Garda.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Funcionarios da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, encargados da investigación dos delitos relacionados coas persoas, imputaron por un delito de ameazas a un home de mediana idade do municipio de Abadín.

En concreto, este xoves unha muller denunciou nas dependencias da Policía Nacional que sufriu ameazas e insultos nun grupo de WhatsApp por parte uno dos seus participantes.

Acto seguido, tras a realización de ciberpatrullaxe e procura en bases de datos policiais, os axentes localizaron e identificaron o titular da liña telefónica, quen realizara as ameazas, insultos e inxurias no grupo apuntado.

O home foi imputado por un delito de ameazas, o que se puxo en coñecemento do Xulgado de Garda, a quen a Policía remitiu todo o actuado. EFE

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...