InicioSociedadeObras para mellorar o tradicional Belén de Begonte antes da súa pronta...

Obras para mellorar o tradicional Belén de Begonte antes da súa pronta apertura

Estará aberto ao público a partir do día 5 de decembro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia e o Concello de Begonte están a executar nestes momentos obras no edificio que alberga o tradicional Belén Electrónico de Begonte, que foi declarado Festa de Interese Turístico, para mellorar as súas instalacións antes da apertura da XLVIII edición.

Segundo informaron os promotores do Belén begontino, un dos máis tradicionais e coñecidos de toda Galicia, dado que os seus inicios se remontan ao ano 1972, as obras de mellora no Centro Cultural José Domínguez teñen un orzamento de 30.000 euros e, previsiblemente, quedarán listas nos próximos días.

En principio, está previsto que o Belén quede aberto ao público o próximo 5 de decembro.

Os traballos buscan “mellorar a seguridade e a comodidade dos visitantes”, coa construción dunha bancada con asentos e maior espazo para as persoas con problemas de mobilidade que teñen que desprazarse en cadeiras de rodas.

Así mesmo, no exterior do edificio está a substituírse a cuberta da zona de acceso ao Belén e ao salón de actos.

Como cada ano, espérase a chegada de miles de visitantes ao Belén Electrónico de Begonte, que nas súas últimas edicións logrou atraer a este municipio do interior de Lugo a unhas 40.000 persoas.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...