InicioSucesosCatro feridos, un deles menor, no choque entre dous turismos en Portomarín

Catro feridos, un deles menor, no choque entre dous turismos en Portomarín

Os catro feridos foron trasladados aínda que non semellaban ter feridas de consideración, logo do choque na N-540, na saída de Nespereira, en Portomarín

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un choque entre dos turismos deixou catro feridos, entre eles un menor, en Portomarín. O accidente aconteceu contra as 10.30 deste sábado na N-540, á altura da saída de Nespereira.

Foi a esa hora cando un particular alertou ao 112 Galicia do choque. O informante asegurou que semellaba non haber feridos, e que os coches entorpecían a circulación.

Con esta información, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) contactaron coa Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil de Portomarín, o GES de Monterroso e os Bombeiros de Chantada.

Os catro afectados foron trasladados

Foi o Grupo de Emerxencias Supramunicipal o primeiro en persoarse, segundo o relato da Axencia Galega de Emerxencias. Os voluntarios pediron asistencia sanitaria para un dos afectados, un menor de idade. Deseguido solicitouse a presenza das urxencias sanitarias do 061 para asistir nas secuelas do choque.

Finalmente, as catro persoas resultaron trasladadas por precaución, aínda que o pronóstico non revestía gravidade en ningún caso, como confirmaron os membros do GES de Monterroso.

ÚLTIMAS

Desatascar a praia fluvial e as obras da Rolda Este, compromisos acadados entre Xunta e Concello

A Xunta de Galicia e o Concello de Lugo alcanzaron compromisos, tras unha reunión conxunta mantida este martes,...

Dous mozos golpean no parque Rosalía de Castro a un home tras un altercado con dúas mozas por motivo de cartos

Un home maior foi golpeado brutalmente no parque Rosalía de Castro de Lugo por...

Cachan a dous condutores de patinete eléctrico borrachos en Lugo, un deles superando o límite penal

A Policía Local de Lugo detectou ao longo da semana pasada a dous condutores de patinete eléctrico...

O Concello de Lugo modifica horarios de traballadores e instalará paneis especiais nas escolas infantís pola calor

O pleno ordinario de xuño do Concello de Lugo abriuse este luns coa intervención...