InicioSucesosO mal tempo deixa cortes en estradas e obriga a pechar espazos...

O mal tempo deixa cortes en estradas e obriga a pechar espazos públicos

O desbordamento puntual dos ríos Miño e Ladra afecta a varias estradas e a previsión é desfavorable, con actividades canceladas por mor do vento

PUBLICADA O

- Advertisement -

Malia que unicamente o río Labrada presenta un caudal en nivel de alerta, outros cursos na conca hidrográfica sofren algún desbordamento puntual. É o caso do Ladra á altura do Concello de Begonte, desprazado por enriba da LU-P-0802.

O mesmo acontece en dous puntos do Miño ao paso por Cospeito. O desbordamento do gran río superou os límites de dúas estradas, a LU-P-1112 e a LU-P-1701. A previsión é desfavorable polo que é recomendable prestar atención a posibles alertas.

Cancelacións na cidade de Lugo

Do mesmo xeito, o meteoroloxía obrigou a pechar os dous parques emblemáticos da capital lucense. O Concello de Lugo informou de que tanto o de Rosalía de Castro coma o da Milagrosa están pechados dende as 18.00 horas, ante o aviso da Axencia Estatal de Meteoroloxía por refachos de vento intensos.

Esta circunstancia obrigou ao goberno local a suspender o mercado que estaba previsto celebrarse o venres na Milagrosa. A reapertura dámbolos espazos públicos realizarase contra a tarde do venres, dependendo da evolución do tempo.

ÚLTIMAS

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...