InicioLugo e contornaGuntínFeridas catro persoas nun accidente de tráfico en Guntín

Feridas catro persoas nun accidente de tráfico en Guntín

Foron trasladalos en ambulancia a un centro hospitalario.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Catro persoas, dous adultos e dous menores, tiveron que ser evacuadas este xoves ao resultar feridos despois de sufrir un accidente de tráfico en Guntín. Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu ao fío das 16,30 na A-54, en Entrambasaugas. A esa hora, un particular chamou á central de emerxencias para avisar de que unha furgoneta chocara contra a mediana da autovía e que ninguén saíra do vehículo.

Seguidamente, os xestores do 112 pasaron o aviso ao 061, aos bombeiros de Chantada e ao GES de Monterroso. Do mesmo xeito, foron avisados os axentes da Garda Civil de Tráfico. Finalmente, os membros do GES confirmaron ao 112 Galicia a evacuación do catro feridos en ambulancia.

ÚLTIMAS

Café Candelas obtén visto e prace ambiental para construír unha planta que aglutinará todo o proceso produtivo en Lugo

Café Candelas obtivo o visto e prace da Xunta desde o punto de vista ambiental para...

Carlos Blanco será o pregoeiro da XXIX Festa do Queixo de San Simón

Vilalba acolle esta fin de semana unha nova edición, e xa van vinte e...

Ofertan 100 prazas para labores de panadaría nunha compañía do sector da alimentación de Lugo

Adecco publicou este mércores unha oferta de emprego de 100 prazas para labores de panadaría nunha compañía...

Dous cabalos soltos en pleno centro de Lugo

A Policía Local de Lugo informou de que, o pasado 28 de marzo, localizou na Avenida...