InicioSucesosDesarticulados dous puntos de venda de drogas na cidade de Lugo

Desarticulados dous puntos de venda de drogas na cidade de Lugo

A Policía Nacional detivo dous homes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional considera desarticulados dous puntos de venda de drogas nos barrios da Piringalla e Milagrosa, na cidade de Lugo, tras a detención de dous homes. Segundo informou a Policía Nacional, axentes adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, encargados da investigación dos delitos relacionados coa saúde pública, detiveron dous homes de 47 anos e investigaron unha muller por un delito de tráfico de drogas.

A Policía Xudicial de Lugo iniciou unha investigación relacionada coa venda de estupefacientes os barrios da Piringalla e a Milagrosa. A pesar das precaucións que tomaban os traficantes, logrou comprobar a activade ilícita, debido ao que foron detidos dous homes e investigada unha muller.

Un dos detidos, concreta a Policía Nacional, tamén foi arrestado por un delito contra a seguridade viaria, ao ser visto ao volante de dous turismos da súa propiedade sen obter o carné de conducir. As mesmas fontes policiais sinalaron que se realizaron senllos rexistros domiciliarios nos dous lugares onde se procedía á venda das sustancias estupefacientes.

Como resultado final da operación, a Policía interveu máis de 30 dose de cocaína; un cuarto de quilogramo de sustancia para o corte da droga; máis dunha ducia de pastillas, que poderían ser utilizadas para a venda directamente ou tamén como sustancia de corte, concreta a Policía; máis de 1.500 euros en metálico e os materiais necesarios para a manipulación e empaquetado da droga, como básculas e plásticos.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...