InicioSucesosFalece atragoado cun anaco de froita un septuaxenario na súa casa de...

Falece atragoado cun anaco de froita un septuaxenario na súa casa de Lugo

A súa muller intentou auxilialo seguindo as indicacións do 061, pero finalmente o home perdeu a vida.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home duns 73 anos de idade faleceu na tarde deste martes pasado ao atragoarse cun anaco de froita que comía no seu domicilio da cidade de Lugo.

Segundo relataron fontes policiais, minutos antes das 19,00 horas a Policía Nacional recibiu o aviso do 112 Galicia de que unha persoa que ceaba no seu domicilio atragoouse cun anaco de froita.

Foi a muller do septuaxenario a que chamou ao servizo de emerxencias 061, que lle indicou que tiña que facer pero, a pesar dos seus intentos, cando o persoal sanitario chegou á vivenda o home estaba falecido.

Os feitos sucederon nun domicilio situado na rúa Marqués de Ombreiro en Lugo. Tras recibir a chamada de alerta, o 112, ademais, avisou á Policía Nacional e á Policía Local.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...