InicioSucesosDenuncian un home por queimar máscaras na vía pública

Denuncian un home por queimar máscaras na vía pública

Unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio observou como na rúa Vicente Risco un home queimaba máscaras e uns taboleiros en vía pública.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo denunciou a un home por queimar máscaras na vía pública, así como uns taboleiros na capital luguesa.

Segundo informou a Policía Local, sobre as 20,30 horas do pasado 15 de setembro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio observou como na rúa Vicente Risco un home queimaba máscaras e uns taboleiros en vía pública.

As mesmas fontes municipais destacaron que este lume corría risco “de propagarse a uns sebes dunha leira propiedade da Xunta” próximos ao incendio.

Por iso, procedeuse a sufocar o lume e identificouse ao responsable do mesmo, ademais de tramitar acta de infracción.

+ posts

ÚLTIMAS

Rumores de moción de censura en Lugo: Candia negocia coa exsocialista María Reigosa

A política lucense encara uns días decisivos ante a inminente posibilidade dunha moción de...

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...