InicioSucesosUn home resulta ferido no choque de dous turismos en Cospeito

Un home resulta ferido no choque de dous turismos en Cospeito

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home resultou ferido e tivo que ser liberado do interior do vehículo no que viaxaba tras un choque con outro turismo en Cospeito (Lugo), indicaron fontes do 112. O accidente rexistrouse na estrada LU-111, no quilómetro 14, dentro de Cospeito. Un particular avisou do ocorrido ao redor das 20,30 horas do sábado cunha chamada ao 112, na que explicaba que había unha persoa atrapada nun dos vehículos.

Foron mobilizados Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que pediu a asistencia do helicóptero medicalizado con base en Santiago, e os bombeiros de Vilalba e a Garda Civil. Os bombeiros indicaron que o home ferido foi rescatado do interior do coche e puido ser atendido polo persoal sanitario, que finalmente o trasladou a un hospital en ambulancia.

Ao lugar desprazouse tamén un equipo da Axencia Galega de Infraestruturas para limpar a vía e recuperar as condicións de seguridade para a circulación.

ÚLTIMAS

Lugo redistribúe en Frigsa a un cento de nadadores do Fluvial tras as inundacións pola crecida do Miño

O Concello de Lugo redistribuíu a máis de cen nadadores do club Fluvial á...

María Reigosa rompe co PSOE no seu primeiro pleno tras a renuncia e vota co PP para esixir melloras nun barrio de Lugo

A edil do Concello de Lugo María Reigosa desmarcouse do Grupo Municipal Socialista e...

Rebaixan a pena dun agresor sexual de 27 a 3 anos ao pagarlle 150.000 euros á vítima

A Audiencia provincial de Lugo pechou este xoves o caso dun home acusado de...

O Concello de Lugo pecha os parques ante a alerta amarela por vento

O Concello de Lugo procederá a pechar os parques a partir das 11.00 horas...