InicioSucesosDesarticulan por primeira vez en Lugo un cultivo de cogomelos alucinóxenos

Desarticulan por primeira vez en Lugo un cultivo de cogomelos alucinóxenos

A Policía Nacional comisou unhas 3.000 doses de marihuana e diferentes útiles relacionados coa produción de droga nun domicilio da zona da Avenida das Américas. A investigación iniciouse tras as queixas e denuncias de veciños e comerciantes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional desarticulou o primeiro cultivo de cogomelos alucinóxenos do que se ten constancia na cidade de Lugo. Os axentes detiveron dúas persoas por un delito contra a saúde pública: unha muller veciña de Lugo, de 35 anos e sen antecedentes; e un home de Ferrol con antecedentes.

A investigación comezou a finais de febreiro deste 2020 tras unha serie de denuncias e queixas de veciños, comerciantes e asociacións da zona da Avenida das Américas, que sinalaban o forte cheiro a marihuana que se desprendía dun portal.

Unha vez establecido o dispositivo de vixilancia, a Policía comprobou que en tal domicilio entraban e saían diferentes persoas en numerosos encontros moi breves que daban pé a sospeitar dun comportamento ilícito. Máis aínda cando estas visitas eran realizadas sen respectar o confinamento decretado no estado de alarma.

3.000 DOSES DE MARIHUANA

Habitación do cultivo | ALX

Así pois, a Policía informa de que o pasado 2 de xuño se procedeu á detención das dúas persoas citadas, así como ao rexistro da vivenda onde se desenvolvían as transaccións ou, polo menos, parte delas. Segundo as mesmas fontes, intervíronse unhas 3.000 doses de marihuana, 750 euros, catro básculas de precisión, 35 gramos de haxix, 28 tarros con plantas de marihuana e cinco envoltorios plásticos que contiñan cogomelos alucinóxenos.

Atopábanse no interior dun cuarto montado como unha especie de invernadoiro para o cultivo deste tipo de drogas. Tamén se comisaron outros útiles  para a conservación dos cogomelos. Algúns paquetes estaban marcados co peso da substancia que os contiña e noutros casos co pecio.

De todo iso dáse conta á Autoridade Xudicial, logo de tomarlles declaración en dependencias policiais aos detidos. Foron postos en liberdade á espera de xuízo.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...