InicioSucesosColisión múltiple de cinco vehículos, un deles con medicación radioactiva, en...

Colisión múltiple de cinco vehículos, un deles con medicación radioactiva, en Guitiriz

Chocaron dous coches, dúas furgonetas e un camión cisterna.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha colisión múltiple na que se viron implicados dous turismos, dúas furgonetas -unha delas transportaba medicación radioactiva- e un camión cisterna, na autovía A-6 ao seu paso por Guitiriz (Lugo) saldouse cunha persoa trasladada na mañá deste venres.

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos tiveron lugar sobre as 7,25 horas deste venres no punto quilométrico 535 da A-6, en sentido a Madrid. O 112 Galicia sinalou que unha persoa tivo que ser evacuada ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo e a carga que trasladaban unha das furgonetas accidentadas e o camión non resultou afectada o impacto.

En concreto, foi un dos implicados no sinistro quen alertou ao 112 Galicia ás 7,25 horas. Tras iso, pasouse o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vilalba, á Garda Civil de Tráfico e ao servizo de mantemento da autovía.

As mesmas fontes sinalaron que a circulación do tráfico viuse condicionada polo choque, xa que foi necesario interromper a circulación nun carril debido ao accidente.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...