InicioSucesosDetida a parella da muller asasinada en Lugo como presunto autor do...

Detida a parella da muller asasinada en Lugo como presunto autor do crime

É acusado dos delitos de Homicidio, Violencia de Xénero e Violencia Doméstica. 

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller de 49 anos foi atopada morta na noite deste venres no piso no que residía soa na cidade de Lugo. Segundo informan fontes da Policía Nacional, o cadáver apareceu cunhas feridas de arma branca no pescozo.

De acordo con estas mesmas fontes, foi a nai da falecida a que acudiu ao redor das 22,00 horas á vivenda, situada na rúa da Ferradura, para levarlle comida. Tras o achado, avisou os servizos de emerxencias e os corpos de seguridade.

Dende o primeiro momento non se descartou ningunha hipótese, e finalmente, na tarde deste sábado, procedeuse á detención do presunto autor: a que era a súa parella actual. Este home, que foi arrestado na localidade de Lugo, é acusado dos delitos de Homicidio, Violencia de Xénero e Violencia Doméstica.

O acusado, de 47 anos de idade, podería pasar a disposición xudicial este mesmo luns, segundo informan fontes próximas ao caso.

Tras o levantamento do cadáver, o Xulgado de Instrución Número 2 de Lugo puxo todas as actuacións realizadas baixo o segredo de sumario. O corpo foi levado ao Instituto Anatómico Forense para a realización da autopsia.

SEGUNDO CASO EN GALICIA EN 2020

Por mor do ocorrido, a Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero solicita datos deste crime para constatar que se trata dun asasinato por violencia machista.

De confirmarse, o número de mulleres asasinadas por esta secuela ascendería a 10 en 2020 –un total de 1.043 desde 2003, cando se empezaron a contabilizar– e sería a segunda contabilizada en Galicia e na provincia de Lugo no que vai de ano.

O primeiro caso ocorreu o pasado 25 de xaneiro na Pastoriza, onde un home de 82 anos matou a súa muller e acto seguido quitouse a vida tirándose por unha xanela da vivenda.

ÚLTIMAS

A Xunta inicia unha nova campaña arqueolóxica no Castro do Teso da Ermida, en Navia de Suarna

A Xunta de Galicia iniciou unha nova campaña arqueolóxica no Castro do Teso da Ermida,...

O PP de Lugo reclama unha aposta “decidida e exemplar” polo Servizo de Axuda no Fogar

O grupo municipal do Partido Popular en Lugo esixe ao goberno local unha aposta...

Investigan o suposto maltrato dun fillo ao seu pai ancián en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo iniciaron dilixencias para esclarecer un posible caso de violencia...

Identificado un ‘taxista pirata’ que facía traslados ilegais desde o HULA e ao que interveñen varias armas prohibidas

A Garda Civil identificou a un veciño de Lugo de 31 anos de idade, e con...