Home Lugo e contorna Lugo Un garda de seguridade do HULA foi acoitelado pola parella dunha paciente

Un garda de seguridade do HULA foi acoitelado pola parella dunha paciente

0
Un garda de seguridade do HULA foi acoitelado pola parella dunha paciente
Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) | Grupo San José

Un home de 47 anos permanece detido logo de ser arrestado por acoitelar este domingo un garda de seguridade no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo.

Segundo informaron fontes policiais, o suceso ocorreu sobre as 17:00 horas deste domingo, momento no que o investigado quixo quería ver a súa parella, que se atopaba na Unidade de Psiquiatría do hospital.

A muller protagonizara previamente un altercado coa Policía Local de Lugo. Investigada por atentado e resistencia á autoridade, a muller acudiu ao Punto de Atención Continuada (PAC) de Fingoi custodiada polos axentes. Posteriormente foi evacuada ao HULA. A súa parella tamén os acompañou, pero mostrábase nervioso, con “continuas entradas e saídas”.

Logo diso, dirixiuse a un dos vixiantes de “forma alterada e nerviosa”, relataron fontes policiais. De forma “inesperada e súbita” sacou unha navalla e deulle dúas coiteladas, o que provocou que dous compañeiros do vixiante se abalanzasen sobre el. Ademais, tamén se achegaron os axentes da Policía Local que custodiaban a muller e outra patrulla da Policía Nacional.

Segundo estas mesmas fontes, o garda de seguridade ferido permanece ingresado no HULA en “observación”, malia atoparse fóra de perigo.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here