InicioSucesosCondena de vinte e cinco anos e medio de cárcere para 'O...

Condena de vinte e cinco anos e medio de cárcere para ‘O Chamaco’ polo asasinato da súa muller en Becerreá

o xurado considerou probado que 'O Chamaco disparou por detrás á súa muller cando esta lle pedía o divorcio diante da súa sogra e os seus dous fillos, resultando un deles ferido

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a 25 anos e medio de cárcere a José Manuel Carballo Neira, coñecido como ‘O Chamaco’, polo asasinato en Becerreá no ano 2016 da súa muller cando, diante dos seus fillos, lle pediu o divorcio.

En virtude do veredicto do xurado popular emitido ao termo do xuízo celebrado a mediados deste mes de outubro na Audiencia Provincial de Lugo, os maxistrados tamén sentencian ao condenado á prohibición de comunicarse e aproximarse durante un período de 37 anos aos dous fillos da vítima, que recibirán cada un 101.000 euros en concepto de responsabilidade civil e prexuízos psicolóxicos.

Ademais, ‘O Chamaco’, ao que se lle impoñen outro cinco anos de liberdade vixiada, tamén deberá abonar unha indemnización de 41.000 euros á nai da vítima e outros 16.000 euros á irmá.

O xurado popular declarou culpable a Carballo Neira –que sustentou a súa defensa en que a morte da súa muller fora un accidente– dos delitos de asasinato co agravante de parentesco e desprezo de xénero; ameazas e malos tratos.

Mentres que o veredicto para os dous primeiros delitos adoptouse por unanimdad, o terceiro –malos tratos ao seu fillo pequeno– foi determinado por unha maioría de sete votos a favor e dous en contra.

DISPARO POR DETRÁS E MALOS TRATOS

Así, o xurado considerou probado que ‘O Chamaco disparou por detrás á súa muller cando esta lle pedía o divorcio diante da súa sogra e os seus dous fillos, resultando un deles ferido.

O disparo produciuse “de forma sorpresiva e sen posibilidade de defensa por parte da vítima, pois aproveitou que estaba totalmente de costas”, recolle a sentenza, na que se fai mención á actitude “controladora e posesiva” que o condenado exercía sobre a vítima, a quen trataba “con dominación e desprezo”.

Os feitos xulgados remóntanse ao 11 de febreiro de 2016, cando a muller do acusado acudiu ao domicilio que a parella compartía en Becerreá coa intención de pedirlle o divorcio a ‘O Chamaco’, que disparou por detrás cunha escopeta á súa esposa. Previamente rexistráronse episodios de ameazas, como o acontecido o 20 de xaneiro cando intimidou á súa muller coa mesma escopeta coa que perpetrou o crime.

ÚLTIMAS

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...