InicioSucesosAtopada a septuaxenaria desaparecida este domingo en Guitiriz

Atopada a septuaxenaria desaparecida este domingo en Guitiriz

PUBLICADA O

- Advertisement -

Efectivos de emerxencias localizaron a unha muller de 73 anos de idade que permanecía desaparecida desde a tarde deste domingo día 6 no termo municipal de Guitiriz (Lugo).

Segundo informaron fontes de Protección Civil, na mañá deste luns foi localizada a muller nunha zona de maleza preto do seu domicilio. Dstaba “desorientada pero en aparente bo estado de saúde”. No entanto, apuntaron, foi trasladada a un centro sanitario para a realización das probas “sanitarias pertinentes”.

A desaparecida, de 73 anos e veciña da parroquia de San Salvador de Parga, desapareceu na tarde deste domingo e a súa familia avisou ao 112 sobre as 17,00 horas. A muller, destacan fontes municipais, ten “boa mobilidade”,  mediana estatura e complexión delgada.

A Garda Civil e Protección Civil de Guitiriz colaboraron desde este domingo pola tarde nun dispositivo de busca que localizou á muller con vida na mañá deste luns.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...