InicioSucesosAuxilian a un octoxenario que caeu nunha leira xunto ao Río Miño...

Auxilian a un octoxenario que caeu nunha leira xunto ao Río Miño en Lugo e desorientouse

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo auxiliaron a un home de 84 anos de idade que se caeu nunha leira xunto ao Río Miño na capital luguesa.

Segundo explicaron fontes da Policía Local, sobre as 12,30 horas deste martes, 25 de xuño, alertaron, a través dunha chamada á Sala de Comunicacións do 092 da Policía Local, de que un residente no Hotel Balneario de avanzada idade caeu xunto ao Miño e non se podía levantar, pero descoñecía o lugar.

Tras ser mobilizadas dúas patrullas da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local, os axentes rastrexaron a zona ata localizar ao octoxenario nunha leira “cuxa vexetación facía moi difícil a súa visión” e prestáronlle os primeiros auxilios.

A pesar de comprobar que, “aparentemente non sufría ferida algunha”, puntualizaron as mesmas fontes, a Policía Local requiriu a presenza dunha ambulancia do 061 que o atendeu no lugar e foi trasladado de novo ao hotel.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...