InicioSucesosDetido un home por "tocamentos" a unha menor preto da ponte...

Detido un home por “tocamentos” a unha menor preto da ponte romana de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home de idade avanzada por “tocamentos” a unha menor na cidade luguesa tras ser denunciado pola nai.

Segundo informou a Policía Local de Lugo, axentes municipais procederon a deter sobre as 20,30 horas deste luns a un home de idade avanzada como presunto autor dun delito de abuso sexual.

Os feitos ocorreron nas inmediacións da ponte romana de Lugo, onde unha muller denunciou que o individuo realizara “uns tocamentos” nas partes íntimas da súa filla menor idade.

A menor identificou “claramente” o presunto autor do feito, destacaron as mesmas fontes policiais, polo que foi detido e conducido a dependencias policiais. As dilixencias instruídas foron remitidas ao xulgado de garda.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...