InicioSucesosPrisión sen fianza para unha muller que transportaba 68 quilos de haxix

Prisión sen fianza para unha muller que transportaba 68 quilos de haxix

A muller foi detida o pasado domingo na autoestrada A-6 mentres portaba 68 quilos de haxix nun coche coas súas tres fillas menores de idade

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xulgado de instrución número 1 de Lugo decretou o martes o ingreso en prisión comunicada e sen fianza dunha muller detida o pasado domingo na autovía A-6 mentres portaba 68 quilos de haxix.

Segundo informa este mércores o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a muller viaxaba acompañada das súas tres fillas, todas elas menores de idade.

No momento da detención, a muller conducía un coche de aluguer, e a droga atopábase introducida en dúas maletas que levaba no maleteiro.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...