InicioSociedadeLugo, cidade libre de xoguetes sexistas

Lugo, cidade libre de xoguetes sexistas

A área de Muller e Igualdade do concello de Lugo fomenta na súa campaña para este Nadal os xoguetes e xogos non sexistas para os nenos e nenas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Executivo de Lara Méndez, a través da área de Muller e Igualdade que dirixe Silvia Alonso, retoma un Nadal máis a súa campaña para fomentar os xogos e xoguetes non sexistas.

“O obxectivo é concienciar á cidadanía e promover a igualdade de oportunidades dende idades temperás para que as nenas e nenos poidan decidir sobre os xogos e xoguetes que máis lles gustan sen que a súa elección teña connotacións de xénero”, explicou a concelleira Silvia Alonso. A iniciativa, segundo indicou a edil, céntrase en apelar á responsabildade das familias á hora de escoller os regalos para as crianzas.

“A casa da Muller do Concello de Lugo editou a guía Xogamos pola Igualdade na que se recollen 10 claves a ter en conta para unha libre de prexuízos sexistas, que priorice xogos potenciadores de todo tipo de habilidades, que fomenten a igualdade e a comunicación entre nenos e nenas participantes e que propicien o xogo cooperativo e sen actitudes violentas”, referiu a responsable de Muller.

A Concellería levará a cabo accións de sensibilización e difundirá carteis e folletos cun código QR que dará acceso á devandita guía, tamén dispoñible na súa páxina web municipal.

XOGUETES, FERRAMENTAS DE APRENDIZAXE

“Sabemos que os xoguetes axudan á construción da identidade individual propia dos nenos e nenas e a desenvolver a súa autonomía, redundando no beneficio da poboación en xeral e, dado que eses xoguetes xeran expectativa de xénero, cremos que deben ser ferramentas coas que aprender“, afirmou Silvia Alonso.

“Somos conscientes de que nos últimos tempos fóronse eliminando estereotipos e aparecían imaxes onde pequenas realizaban tarefas socialmente recoñecidas como masculinas e viceversa. Andouse camiño pero aínda queda por facer, especialmente en datas sinaladas coma estas nas que os xoguetes cobran un protagonismo especial”, conclúe a concelleira de Muller e Igualdade, Silvia Alonso.

ÚLTIMAS

O Goberno ratifica que “nas próximas semanas” abrirá o tramo Melide-Palas de Rei da A-54

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, ratificou que "nas próximas semanas" abrirá o...

Colectivos contrarios á factoría de Altri convocan una manifestación para o 15 de decembro

A Plataforma Ulloa Viva e a Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa acusaron...

A Deputación de Lugo aproba un orzamento de 130,4 millóns para 2025, destinado a “mellorar servizos públicos”

A Deputación de Lugo aprobou este martes, cos votos dos grupos de PSOE e BNG e...

Redadas en bares de Lugo rematan con 65 indentificados e a incautación de diferentes tipos de droga

Os axentes do Grupo Operativo Nocturno da Unidade Territorial de Policía de Barrio de Lugo,...