InicioA UlloaDuplícanse os contaxios diarios na provincia de Lugo

Duplícanse os contaxios diarios na provincia de Lugo

Nas últimas 24 horas houbo 27 novos contaxiados, 13 máis que o día anterior.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de contaxios diarios de Covid-19 en Galicia descendeu nas últimas horas por baixo do centenar, algo que non ocorría desde o pasado 23 de xuño, e segue baixando a cifra de persoas enfermas na comunidade, ata 3.466, aínda que esa baixada non se traduce nunha menor ocupación hospitalaria, xa que mesmo ascende lixeiramente o número de pacientes ingresados. Unha situación que non acontece na provinica de Lugo, onde aumentaron os casos.

Así, segundo os datos feitos públicos este luns polo Sergas (con información solicitada ata as 18,00 horas do domingo), nas últimas 24 horas se han rexistrados 89 novos contaxios de Covid, o que supón 57 casos menos que os notificados na xornada anterior, e os novos contaxios redúcense en todas as áreas sanitarias, salvo a de Lugo (que dobra o número de novos casos).

Deste xeito, a área sanitaria de Lugo detectou nas últimas horas 27 novos contaxios (13 máis). Con todo, o número de casos activos descendeu e queda con 667 casos (60 menos).

PRESIÓN HOSPITALARIA

Con respecto á ocupación de camas en hospitais galegos, esa presión incrementouse lixeiramente, a pesar da tendencia á baixa na evolución dos contaxios e das altas epidemiolóxicas. O último balance do Sergas arroxa unha cifra de 42 persoas en UCI (dúas máis que o día anterior) e 116 en unidades convencionais de hospitalización (7 máis). Na área de Lugo son 3 os pacientes en coidados críticos.

+ posts

ÚLTIMAS

Localizado en Bóveda o ancián desaparecido da residencia DomusVi de Monforte

O octoxenario que faltaba da residencia DomusVi de Monforte desde a noite do pasado...

Carmela López anuncia en Ribas de Sil o arranxo da estrada que conecta o val de Quiroga con Ourense

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, vén de anunciar en Ribas de...

Reunión entre López e Rueda para o vindeiro mércores que abordará as necesidades da provincia

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, manterá unha reunión o vindeiro mércores,...

Besteiro reclama o Museo da Romanización de Lugo como proxecto estratéxico para Galicia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou ao presidente da Xunta,...