InicioSociedadeO exdono do Eros e a súa exparella aceptan catro meses de...

O exdono do Eros e a súa exparella aceptan catro meses de prisión por branqueo de capital

As dilacións indebidas na instrución da Operación Carioca propiciarion unha rebaixa de dous anos e medio de cárcere, así como de 1,5 millóns de euros na multa que pedía a Fiscalía.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O dono do Eros, J.M.G.A., e a que fora a súa parella sentimental, K.L., aceptaron catro meses cada un de prisión e unha multa de 734.495 euros por un delito de branqueo de capitais no marco do xuízo por unha das pezas da ‘Operación Carioca’.

A Fiscalía pedía inicialmente para ambos os dous un anos e medio de prisión e un millón e medio de euros de multa. As “dilacións indebidas” da causa motivaron a rebaixa do castigo.

O home condenado é o ex dono de varios clubs de alterne, entre outros o EROS , investigados no marco da ‘Operación Carioca’, que foi levada pola xuíza Pilar de Lara, agora trasladada a Ponferrada tras unha sanción do Consello Xeral do Poder Xudicial.

Este xuízo formaba parte dunha das pezas separadas da ‘Carioca’, investigación sobre redes de prostitución en Lugo. Segundo relata a Fiscalía, os dous acusados utilizaban contratos de compravenda de diferentes locais, leiras e bens para encubrir desvíos de diñeiro cara a diferentes contas, varias delas propiedade da familia da muller, localizadas en Colombia, país de orixe da acusada.

As operacións que foron xulgadas estendéronse durante case cinco anos, entre 2005 e 2009. Ambos os condenados agora chegaron a posuír distintos negocios en Lugo, Ourense e tamén en Asturias.

DESDE 2008

O avogado da parella, Pepe López Riopedre, puntualizou tras concluír a vista que “o acordo se fundamenta, totalmente, nas dilacións indebidas moi cualificadas”. “Estamos a falar dun procedemento que se instrúe no 2008 e estamos en abril de 2021”, abundou.

“Optamos por tirar de pragmatismo puro e duro, asumir uns feitos controvertidos. Hai feitos en que estabamos completamente seguros da inocencia dos meus defendidos pero isto podería supor quizá chegar ao Supremo e estar sete ou oito anos máis con esta vía crucis para eles”, subliñou.

O avogado criticou as “instrucións” que levou a xuíza Pilar de Lara e lembrou que “hai unha sanción, practicamente firme a esta xuíza instrutora por levar macrocausas a diestro e siniestro e imputando a centenares de cidadáns, un pouco á lixeira”.

López Riopedre recoñeceu que o acordo é “froito do mal proceder na instrución”. “Durante todos estes anos non foi un camiño de rosas porque os meus defendidos estiveron asinando, sometidos a unha serie de medidas cautelares moi gravosas, estiveron practicamente desterrados durante varios anos e tiveron que abandonar a comunidade de Galicia”, indicou en relación a algúns dos “agravios” desta investigación.

“BENEFICIÁMONOS”

“Un pouco beneficiámonos a longo prazo de poder sacar adiante a atenuante de dilacións indebidas moi cualificada. Sucedeunos a nós e sucederá en todas as macrocausas, porque falamos de vistas que teñen lugar ao cabo de doce, trece, catorce anos que nin os atentados de Atocha tardaron tantos anos en xulgar, nin sequera o Prestige”, sostivo.

“É algo demencial”, resolveu o avogado, que confirmou finalmente que os seus clientes no momento dos feitos eran “parella, pero pasaron tantos anos e agora cada un ten a súa vida por separado e refixeron as súas vidas”. “Non teñen relación a día de hoxe”, concluíu Pepe López Riopedre.

ÚLTIMAS

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...