InicioSociedadeO Supremo resolverá previsiblemente en maio o recurso á sanción contra Pilar...

O Supremo resolverá previsiblemente en maio o recurso á sanción contra Pilar de Lara

O avogado da xuíza asegura que se o fallo non é favorable irá ao Tribunal Constitucional porque segue convencida de que non ten ningunha "responsabilidade"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Tribunal Supremo resolverá en maio o recurso á sanción que lle impuxo o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) á extitular do Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo, Pilar de Lara, que está disposta a chegar ao Tribunal Constitucional e ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.

Así o confirmou o avogado de Pilar de Lara, Agustín Azparren, quen trasladou que o Supremo anunciou que “deliberará” sobre este recurso a finais de abril e a partir de aí o prazo correría quince días máis para ditar a sentenza definitiva.

“Probablemente para maio teñamos a sentenza, unha vez que se reúne o tribunal delibera e toma unha decisión, o relator ten que redactar o fallo e pasarllo ao resto (do tribunal) para a firma. Iso leva uns días”, precisou o representante legal de Pilar de Lara.

En canto ao que se espera, Agustín Azparren indicou que “sempre que hai un recurso espérase gañalo, aínda que polos precedentes, no caso de que non fose favorable quedarían dúas vías que son o Constitucional e o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos”, sinalou o letrado.

Respecto diso, asegurou que se manteñen as “alegacións” que se presentaron ao castigo, por dilacións indebidas de sete meses e un día e polo que perdeu o destino en Lugo para pasar a exercer nun xulgado de Ponferrada. Este avogado madrileño manifestou que “hai outras causas” para que saia adiante o recurso, que teñen que ver “coa lexitimación do Consello Xeral do Poder Xudicial, sobre a inconstitucionalidade no feito de que a comisión disciplinaria forma parte do pleno (do Consello Xeral do Poder Xudicial) que resolve os recursos”.

En definitiva, indicou que estará pendente e moi encima da “interinidade” na que se atopa o Consello, cuxa renovación se debería de abordar hai xa anos.

“CUMPRIU O CASTIGO”

Con todo, Agustín Azparren avanza que se o fallo non é favorable irase inmediatamente ao Tribunal Constitucional porque a xuíza segue convencida de que non ten ningunha “responsabilidade” sobre os argumentos que se lanzaron contra ela para a súa sanción, como son as dilacións indebidas nas múltiples macrocausas que levou no xulgado de Lugo.

Outra cousa é que “ela cumpriu o castigo, que non se suspendeu polo Tribunal Supremo e agora está nun novo destino”, neste caso nun xulgado de Ponferrada.

“Se o Supremo lle dá a razón prodúcese un problema complicado porque a terían que reintegrar á praza de Lugo e en todo caso tería que deixarse sen efecto a sanción executada. No caso de que non ocorra así, ela está convencida que non ten responsabilidade, co que vai esgotar todos os recursos que lle dá a lei para tentar que se restableza a situación que considera inxusta”, concluíu Azparren.

+ posts

ÚLTIMAS

Reaccións moción de censura: Pontón acusa a Rueda de “aproveitarse de dúas persoas mortas e unha tránsfuga”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou ao presidente da Xunta...

Rumores de moción de censura en Lugo: Candia negocia coa exsocialista María Reigosa

A política lucense encara uns días decisivos ante a inminente posibilidade dunha moción de...

A Policía Local detecta case 400 coches a máis velocidade da permitida nunha semana

A Policía Local de Lugo detectou a 382 coches que circulaban a máis velocidade...

Un total de 300 usuarios en municipios de menos de 20.000 habitantes atendidos en nove residencias da Deputación de Lugo

A proximidade, a atención personalizada e a calidade asistencial definen o modelo de residencias...