InicioSociedadeTrónzase a tendencia descendente nos casos activos en Lugo

Trónzase a tendencia descendente nos casos activos en Lugo

O Sergas notifica 139 pacientes con coronavirus, seis máis ca onte. Os novos positivos mantéñense en cifras baixas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O último balance de datos ofrecido pola Consellería de Sanidade amosa un lixeiro aumento de casos activos por coronavirus na área de Lugo. Este martes 6 de abril rexístranse 139, seis máis ca na xornada anterior. Con todo, tan só se confirmaron seis novos positivos nas últi as 24 horas, polo que haberá que agardar para averiguar se haberá unha tendencia ascendente de pacientes con infección activa tras Semana Santa.

Non obstante, non se aprecian cambios nos hospitais, que continúan con 11 persoas hospitalizadas con Covid-19. Tres delas están a ser atendidas na unidade de críticos do Hula, e as outras oito permanecen en planta (5 no Hula, 3 no Hospital de Monforte).

Dende o inicio da pandemia, faleceron 212 persoas na provincia de Lugo (a última vítima foi un home de 63 anos que estaba ingresado no Hula), curáronse 11.743 persoas e realizáronse 207.787 probas PCR.

GALICIA

No conxunto galego, tamén hai sinais dunha posible repunta tras a Semana Santa. Se ben a presión hospitalaria experimentou un descenso, os novos contaxios veñen de aumentar a 139 e os casos activos subiron a 2.211. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...