InicioSociedadeAs Terras de Burón promocionan na rede os seus encantos e recursos

As Terras de Burón promocionan na rede os seus encantos e recursos

A Fonsagrada, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín lanzan un portal web que recolle a súa oferta gastronómica, turística, natural, histórica...

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os concellos da Fonsagrada, Ribeira de Piquín e Negueira de Muñiz únense para promocionarse na rede. O novo portal terrasdeburon.es pretende visibilizar conxuntamente a súa oferta turística e hostaleira, actividades de lecer, gastronomía, cultura… A iniciativa conta co impulso dos fondos do Plan Único da Deputación.

O presidente provincial, José Tomé, resaltou a importancia de traballar pola promoción do territorio especialmente nun momento como o actual. “En primeiro lugar, para apoiar os sectores económicos máis afectados polas restricións sanitarias”, dixo, para logo engadir que “tamén é unha aposta de futuro para o rural porque a crise fixo que o turismo de natureza estea en alza”.

O mandatario asegurou que “a presencia con nome propio na web é unha ferramenta moi importante para promocionar conxuntamente a enorme riqueza patrimonial, os atractivos e os establecementos turísticos e hostaleiros dos concellos que conforman Terras de Burón”.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...