InicioSociedadeBaixada significativa da presión asistencial en Lugo tras varias semanas sen melloría

Baixada significativa da presión asistencial en Lugo tras varias semanas sen melloría

O Sergas notifica 76 ingresos hospitalarios fronte aos 87 de onte. Deles, 26 permanecen na UCI. Á súa vez, mantense a tendencia á baixa nos casos activos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo experimentou unha redución do número de persoas ingresadas con coronavirus, que pasaron das 87 que comunicaba onte o Sergas ás 76 que refire neste martes de Entroido. Delas, 26 permanecen na Unidade de Coidados Intensivos do Hospital Universitario Lucus Augusti, mentres que as outras 50 están a ser atendidas en planta (31 no HULA, 5 na Mariña e 14 en Monforte).

É a primeira baixada significativa da presión asistencial logo de varios días de descenso de casos activos, unha tendencia que segue activa tamén hoxe. Sanidade conta 1.129 pacientes con infección activa (42 menos) e nas últimas horas confirmáronse 34 diagnósticos a través de PCR. Ben é certo, porén, que a cifra de probas efectuadas nesta xornada (581) foi moi inferior á habitual.

Por outra banda, na tarde de onte tamén se coñecía o falecemento de catro persoas da provincia que foran diagnosticadas de Covid-19. Desta maneira, o Sergas notifica 195 vítimas mortais en Lugo dende o inicio da pandemia. Na beira contraria, curáronse 10.017 persoas e realizáronse 177.425 PCR.

GALICIA

En Galicia, o número de casos activos por coronavirus tamén segue á baixa (12.464: 588 menos), segundo os últimos datos facilitados polo Sergas, que á súa vez informa de que a presión hospitalaria marca tamén unha curva descendente, especialmente no que respecta a pacientes críticos. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...