InicioSociedadeLenta baixada das hospitalizacións por coronavirus en Lugo

Lenta baixada das hospitalizacións por coronavirus en Lugo

Os casos activos (1.171) e os contaxios detectados nas últimas 24 horas (35) continúan en descenso.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este luns 15 de febreiro un total de 1.171 casos activos por coronavirus. Son 65 menos ca os que había onte. Ademais, nas últimas 24 horas confirmáronse 35 positivos novos a través de PCR, polo que tamén se mantén a tendencia á baixa no número de contaxios detectados.

Cousa distinta é a presión hospitalaria que, a pesar de que non vai a máis, semella que costa diminuíla. O Sergas comunica hoxe que hai 87 pacientes de Covid ingresados (un menos ca onte): deles, 61 están en planta (38 no HULA, 9 na Mariña, 13 en Monforte, 1 no Polusa) e os outros 26 na unidade de críticos do Hospital Universitario Lucus Augusti.

En canto á cifra das vítimas mortais, esta xa se eleva ata os 191 falecidos  tras notificar onte o Sergas tres decesos máis na provincia. Por outra parte, dende o inicio da pandemia curáronse 9.943 persoas e realizáronse 176.844 PCR.

GALICIA, LEVE REPUNTA NOS HOSPITAIS

No que respecta á comunidade galega, a presión hospitalaria repuntou lixeiramente e rexístranse 19 pacientes máis ingresados que a xornada anterior, polo que volven ascender de novo por encima do milleiro -cifra da que baixaron este domingo-. No entanto, os contaxios diarios descenderon a 372 e os casos activos baixaron a 13.052. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...