InicioSociedadeContinúan en aumento os casos activos e os positivos diarios en Lugo

Continúan en aumento os casos activos e os positivos diarios en Lugo

Na última xornada confirmáronse outros 63 afectados. Nos hospitais, hai unha persoa ingresada máis, aínda que as UCI seguen libres de virus.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O total de casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo presenta hoxe un novo aumento notable, ao situárense en 619 (44 máis ca onte). Tamén seguen ascendendo os contaxios detectados: nas últimas 24 horas confirmáronse 63 novos positivos a través de PCR. Onte esta cifra era de 53.

Así e todo, a provincia de Lugo mantén unha taxa de positividade das máis baixas de Galicia en comparación co resto de áreas. Segundo o Sergas, detectáronse un 6’8% das probas de PCR positivas, unha cifra máis próxima ao 5% recomendado pola OMS ca as doutros distritos sanitarios como A Coruña (12’8%) ou Vigo (16’9%).

A situación nos hospitais é similar, aínda que hai un ingresado máis. En total, son 19 pacientes, ningún deles na UCI. O HULA atende cinco persoas diagnosticadas de COVID-19; o Hospital de Monforte, tres; e o da Mariña, once. Nesta zona costeira é onde máis preocupa a evolución do virus.

Por outra banda, o Sergas non informou de novos decesos relacionados coa pandemia en Lugo e contabiliza 145 falecidos ata o momento. A este número habería que sumarlle os tres usuarios de residencias nesta área sanitaria que faleceron tras ser trasladados a centros de Santiago ou Ourense.

Ata o de agora, en Lugo curáronse 6.693 persoas e realizáronse 130.505 PCR.

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...