InicioSociedadeA área de Lugo confirma a tendencia á alza nos casos activos...

A área de Lugo confirma a tendencia á alza nos casos activos de coronavirus

O Sergas detectou 46 novos positivos na última xornada, e os casos activos sitúanse en 531 (24 máis). A presión hospitalaria mantense estable.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo é a que presenta unha maior repunta no total de casos activos por coronavirus en toda Galicia. Segundo o Sergas, hai 531 pacientes con infección activa, 24 máis ca os notificados onte. Así mesmo, aínda que os positivos confirmados durante a última xornada son algúns menos ca os diagnosticados un día antes, a cifra segue sendo elevada e amosa unha clara tendencia á alza nesta semana: en Lugo detectáronse 46 contaxios nas últimas 24 horas.

Nos hospitais apenas hai cambios. Segue habendo 17 doentes ingresados, ningún deles na UCI. Só muda lixeiramente a distribución dos pacientes: cinco no HULA, nove no Hospital da Mariña e tres no de Monforte.

En canto á cifra de falecementos, ascende a 148 tras a morte dunha usuaria da residencia de Xove no Hospital de Ourense. O Sergas contabiliza unicamente 145 decesos en Lugo, pois non inclúe neste cómputo aqueles usuarios de residencias da provincia que faleceron en centros de Santiago ou Ourense, por exemplo.

Dende o inicio da pandemia curáronse 6.649 persoas na área sanitaria de Lugo e realizáronse 128.312 PCR (987 delas onte).

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...