InicioSociedadeBaixan os casos da covid en Lugo pero tamén o número de...

Baixan os casos da covid en Lugo pero tamén o número de PCR

A taxa de positividade é unha das máis altas desde que comezou a pandemia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia detectou nas últimas 24 horas 160 casos de coronavirus menos que na xornada anterior aínda que se practicaron a metade de probas PCR respecto ao día previo e case 6.000 menos que hai dous días. Unha situación que se produce cando a taxa de positividade é das máis altas desde que se iniciou a pandemia en Galicia, do 8,4%, case o dobre do recomendado pola OMS.

Así figura no balance de datos da pandemia ofrecidos pola Consellería de Sanidade este domingo, no que se iniciou a campaña de vacinación contra a covid-19. Deste xeito, aumenta a presión hospitalaria con oito ingresados máis que na xornada anterior. Son agora 336 as persoas hospitalizadas con diagnóstico de covid-19 nas sete áreas sanitarias galegas. Deles, 58 atópanse na UCI, tres máis que hai 24 horas. En todo caso, en Lugo baixan a 13 os hospitalizados –un menos– con 4 deles en críticos –sen cambios–.

BAIXAN OS POSITIVOS DIARIOS E AS PCR

En canto á detección de casos, Galicia sumou 213 novos positivos por coronavirus nun día, o que implica unha importante caída de 160 con respecto ás 24 horas previas. Con todo, hai que ter en conta que as PCR realizadas foron 3.050, a metade do día anterior, polo que a baixada dos contaxios rexistrados sucedeuse en todas as áreas sanitarias. En Lugo-A Mariña-Monforte, detectáronse 7 casos (-26).

CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos –persoas que seguen diagnosticadas de covid-19–, Galicia volve presentar unha baixada por segundo día consecutivo. Así, Sanidade contabiliza 5.609 casos activos, 107 menos que o día anterior. Na área de Lugo-A Mariña-Monforte son 374 –sete menos–.

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Un mozo que violou a unha menor dúas veces nun hotel de Lugo evita o cárcere tras un acordo

Un mozo de Lugo logrou evitar o cárcere tras aceptar unha condena de dous...

Acordo entre Xunta e Concello de Lugo para reformar xa a rúa Serra de Meira con 937.000 euros

O Goberno galego e o Concello de Lugo desbloquearon a reforma da rúa Serra...

O Concello amosa a súa “preocupación” ante o “atraso” na autovía Nadela-Sarria

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, expresou este martes a súa "profunda preocupación" polo novo...