InicioSociedadeNingún positivo no cribado que realizou o Sergas nos dous institutos de...

Ningún positivo no cribado que realizou o Sergas nos dous institutos de Vilalba

Na residencia de maiores hai 32 usuarios e 29 traballadores contaxiados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Todos os estudantes que participaron no cribado que realizou esta semana o Sergas en dous institutos de Vilalba deron negativo. En total foron 200 alumnos do IES Lois Peña Novo e o IES Santiago Basanta Silva. No primeiro dos dous centros presentáronse arredor da metade dos citados, mentres que no segundo a participación foi case total.

Así o comunicou a Consellería de Sanidade, que decidira facer as probas PCR co obxectivo de buscar pacientes asintomáticos no municipio ante a elevada incidencia. O Sergas tamén realizará PCR ao persoal traballador no Servizo de Axuda ao Fogar (SAF) e outros servizos municipais.

ASILO DE VILALBA

Mentres, a situación na residencia de maiores de Vilalba segue preocupando. Segundo datos de Política Social, un total de 32 usuarios continúan figurando como positivos en coronavirus tras recibir a alta outros sete. Porén, hai 29 traballadores contaxiados, polo que este asilo sitúase como o centro xeriátrico galego con máis persoal positivo.

ÚLTIMAS

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...