InicioSociedadeDetido por ameazar e tentar atropelar a súa ex, que se tirara...

Detido por ameazar e tentar atropelar a súa ex, que se tirara do coche en marcha para fuxir del

Este caso de violencia de xénero ocorreu a pasada noite na Avenida de Madrid, en Lugo. Unha testemuña axudou a identificar o agresor.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home foi detido en Lugo por un delito de violencia de xénero logo de ameazar e tentar atropelar a súa exparella, que se tirou do coche en marcha para fuxir do agresor. 

A actuación, realizada en conxunto entre a Garda Civil de Lugo e a Policía Local comezou algo antes da medianoite do 5 de novembro. Unha patrulla foi enviada á Avenida de Madrid ao saberse que unha persoa se botara dun coche en funcionamento mentres o condutor tentaba atropelala en varias ocasións.

Un testemuño explicou aos axentes que el mesmo interpuxera o seu propio vehículo no medio para evitar que se producise o atropelo. O coche implicado deuse á fuga, segundo sinalou a Policía Local, pero puideron dar coa matrícula.

AMEAZAS

No entanto, os axentes auxiliaron a muller, que estaba “moi nerviosa, con erosións nas mans e chorando”. A vítima indicou que pasara un día coa súa exparella e, ao ir no coche, este ameazáraa ” de morte”, polo que ela decidiu “tirarse” do coche.

A muller negouse a ser asistida polo 061 e foi trasladada a dependencias policiais, onde manifestou a súa intención de presentar denuncia destes feitos no Cuartel da Garda Civil de Sarria, xa que quería ir para a súa casa.

Ademais, a Policía Local indicou que a muller recibiu a chamada dun familiar que lle comunicou que a súa exparella estaba no portal do seu domicilio preguntando por ela.  Por iso, coordinouse unha actuación conxunta da Policía Local de Lugo e da Garda Civil. Foron axentes do Instituto Armado os que localizaron e detiveron a este home.

ÚLTIMAS

O Concello de Rábade prepara un “reacollo estable” para os 13 membros da familia cuxa casa resultou calcinada

O Concello de Rábade ultima os trámites para poder ofrecer unha "reacollo estable" aos 13 membros,...

Arden dous edificios no centro de Rábade

Un incendio calcinou dous edificios de dúas plantas no centro do municipio de Rábade...

Identificados dous menores en Lugo por tirar pedras a coches aparcados

A Policía Local de Lugo identificou o pasado 25 de abril a dous menores que...

Denunciado en Lugo un condutor baixo os efectos do alcol, que se saíu da vía e chocou contra un sinal

Axentes da Policía Local de Lugo denunciaron a un condutor que deu positivo no...