InicioSociedadeFalecen tres persoas que foran diagnosticadas por COVID-19

Falecen tres persoas que foran diagnosticadas por COVID-19

Son tres mulleres, dúas delas ligadas á residencia de Outeiro de Rei. A terceira vítima estaba ingresada na clínica POLUSA.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Trátase dunha muller de 87 anos que estaba ingresada no HULA e unha muller de 80 anos tamén ingresada no HULA, ambas procedentes da residencia de Outeiro de Rei.

Tamén faleceu unha muller de 88 anos ingresada en POLUSA. Todas presentaban patoloxías previas.

A Consellería de Sanidade notificou que con estes tres falecementos, as mortes  por COVID en Galicia son xa 692.

Desde o comezo da ‘nova normalidade’, o número de pacientes falecidos coa enfermidade en Galicia é de 73 persoas, tras a morte dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, a Comunidade encadeara case dous meses –desde o 10 de xuño– sen decesos relacionados co coronavirus.

O maior balance de falecidos dos últimos meses notificouse o pasado mércores, cando Sanidade informou dun total de sete. A última vez que se superou esta cifra foi o pasado 5 de maio, con nove decesos.

 

 

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...