InicioSociedadeO presidente da Deputación: "A Xunta está a actuar tarde ante brotes...

O presidente da Deputación: “A Xunta está a actuar tarde ante brotes en residencias”

Pide un control máis exhaustivo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé (PSOE), acusou a Xunta de Galicia de estar “a actuar tarde” coas residencias de maiores ante o incremento de casos entre usuarios e traballadores destes centros.

Este xoves, Tomé fixo mención á situación que atravesan as residencias da provincia: a do Incio –que rexistrou xa 18 mortos– e a DomusVi de Outeiro de Rei, intervida pola Xunta e na que se produciron xa dous falecidos con covid-19.

“A responsabilidade do control correspóndelle á Xunta de Galicia e por tanto entendo que debe de exercer un control máis exhaustivo do que está a ocorrer”, manifestou o presidente provincial e alcalde de Monforte.

O presidente provincial lembrou que durante os primeiros meses da pandemia “trasladábanse os positivos para outras residencias”, como o centro integrado habilitado en Santiago, algo que, nas súas palabras, “parece que agora non está a pasar”.

“Separalos por plantas non parece a mellor solución porque o problema segue dentro, así que eu creo que posiblemente o protocolo que está a seguir a Xunta de Galicia neste momento igual merecía unha revisión”, aseverou.

Cuestionado sobre se é partidario dunha intervención en todos os centros de maiores de Lugo e de Galicia, José Tomé instou á Xunta a realizar un “control máis exhaustivo”, especialmente cos centros privados, que están a rexistrar maior número de casos.

“En ningunha residencia pública, nin da Xunta, nin de calquera outra administración, están a ter os problemas que hai nas privadas. Evidentemente deberíase de estar a xestionar igual unhas que outras e ese labor correspóndelle á Xunta de Galicia, que é a que ten a competencia”, advertiu.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...