Aumentan en 71 os casos activos por COVID na área sanitaria de Lugo

Nestes momentos hai 3 ingresados en UCI no HULA. Outros 18 casos están en hospitalización, concretamente 17 no HULA e 1 no hospital de Burela.

Entrada principal do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo | Sergas

A área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte rexistra este domingo 30 de agosto un total de 675 casos activos por COVID en toda a provincia.

Este dato reflicte un aumento de 71 contaxios máis con respecto ao sábado 29 de agosto. Nestes momentos hai 3 ingresados en UCI no HULA. Outros 18 casos están en hospitalización, concretamente 17 no HULA e 1 no hospital de Burela. En seguemento domiciliario hai 654 persoas segundo o último reporte da Consellería de Sanidade.

O número de falecidos na área sanitaria é de 35, sendo o último deles o dunha muller de 83 anos que estaba ingresada no Hospital Universitario Lucus Augusti e procedía da residencia de maiores do Incio.  O número de altas é de 1.353.

MAIORES

En canto ao número de persoas maiores afectadas na provincia, 90 están na Residencia do Incio e 18 na Residencia Domusvi Lugo en Outeiro de Rei.

TRABALLADORES

O número de traballadores e traballadoras afectadas na área sanitaria de Lugo, divíndense da seguinte maneira, 1 na Residencia DomusVi Monforte, 27 na Residencia do Incio, 1 na Residencia de Maiores de Paradela,  na 5 Residencia Domusvi Lugo en Outeiro de Rei e 1 na Residencia de Maiores San Bartolomeu en Xove.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here