InicioSociedadePais e profesores de Muimenta "atan as mans" para pedir un regreso...

Pais e profesores de Muimenta “atan as mans” para pedir un regreso seguro ás aulas

As familias e docentes rexeitarán calquera medida por parte da consellería de Educación que non implique investimento en seguridade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A plataforma Iniciativas do Profesorado #OPOñomeaestaOPO e varios agrupamentos
de nais e pais de alumnos/as, entre o que destaca a ANPA A Granda de Muimenta demandan, aínda que con motivacións diferentes unha volta ao cole segura en setembro, esixindo que dende a administración non se escatime en recursos e en medidas para garantir a seguridade de cada un dos membros da comunidade educativa de Galicia por mor da COVID-19.

Por isto, anuncian unha campaña en redes na que se visualizan “coas mans atadas” para novamente pedir medidas e garantías para toda a comunidade educativa.  Nesta iniciativa tamén participaron persoas do eido da cultura galega como Mamá Cabra ou PacoNogueiras, e figuras do ámbito político como Martiño Noriega.

“Animar dende aquí a todos aqueles que queiran participar nesta iniciativa a inundar as redes co cancelo #atadosdemans e con máis fotografías, nas cales non é necesario que saia a cara, soamente as mans atadas de afectados directa ou indirectamente por unha volta ás aulas neglixente”, indican.

“ENSINO DE CALIDADE”

“Nos últimos meses, docentes e familias vimos de facer un gran esforzo para que o noso alumnado e as nosas fillas e fillos non visen minguado o seu dereito a recibir un ensino de calidade, pese as condicións e a falta de medios ás que docentes e familias tivemos que facer fronte”, indica a plataforma no seu comunicado a prensa. Ao que engaden que “agardaban que a Consellería tivese tempo suficiente para organizar un setembro sen riscos e con garantías plenas para regresar aos centros educativos, pola súa contra, optou por propor unha volta temeraria, sen medidas específicas.”

Plataforma, ANPA e familias consideran que non é posible iniciar o curso escolar se non se adoptan medidas excepcionais, como é a medida de redución de alumnos/as por aula, algo que implica a contratación de máis profesorado. Os docentes están dispostos a fragmentar grupos se iso supón gañar en seguridade.

O comunicado conclúe co “rexeitamento de docentes e familias de calquera actuación por parte da Consellería de Educación que non implique investimento en seguridade“.

+ posts

ÚLTIMAS

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

O poemario “Agora, eu cariota” preséntase no Club de Lectura de Lugo

A presentación do poemario "Agora, eu cariota" no Vello Cárcere de Lugo contará coa...

Rueda “define” o xornalismo de proximidade como “preguntar, escoitar e contrastar” na entrega dos Puro Cora

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves na entrega do XXXIII Premio...

Case 400.000 euros para a mellora de estradas en Palas de Rei e A Pastoriza

A Deputación de Lugo aprobou este venres un investimento de 373.028,38 euros para a...