InicioSociedadeOs comerciantes de Castro, nun emotivo vídeo: "Non te esquezas de nós"

Os comerciantes de Castro, nun emotivo vídeo: “Non te esquezas de nós”

Unen as súas voces nun único relato para pedirlles ás veciñas e veciños que merquen nos negocios de proximidade, a única maneira de ver "unha vila viva" e "volver escoitar o barullo do mércores de feira".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os comerciantes de Castro Ribeiras de Lea uníronse para lanzar unha mensaxe en forma de vídeo ás veciñas e veciños da localidade, a quen lle piden que apoien os negocios de proximidade tras esta crise.

A peza audiovisual conta coa participación da xornalista Tania Fernández Lombao, tamén veciña de Castro. É ela quen comeza con voz en off un relato emotivo da vida nestes tempos de pandemia para logo dar paso a unha morea de comerciantes que, en primeira persoa, confesan “querer volver ver unha vila viva” ou “escoitar o barullo do mércores de feira”.

Un tras outro van poñéndose diante da cámara para lembrar a importancia das pequenas tendas e empresas locais. “Cando todo isto pase, non te esquezas de nós. Merca en Castro”, repiten. Velaquí a peza:

+ posts

ÚLTIMAS

O PP esixe a Carmela López que aparte “de maneira fulminante” a José Tomé tras ratificarse a denuncia por acoso

Os deputados do Grupo Provincial do Partido Popular esixiron á presidenta da Deputación, Carmela...

María Reigosa presidirá a Comisión de Urbanismo no Concello de Lugo sen votos en contra

O Concello de Lugo constituíu este xoves as diferentes comisións previas de pleno e...

O Concello de Lugo asina acordos para mercar terreos para a conexión da Intermodal coa cidade

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Urbanismo, Ramón Cabarcos, informaron...