InicioSociedadeOs núcleos con menos de 5.000 veciños quedan libres das franxas horarias...

Os núcleos con menos de 5.000 veciños quedan libres das franxas horarias para pasear

Os habitantes de Castro de Rei ou Outeiro de Rei, que ata o de agora estaban suxeitos ás restricións horarias por superar (por moi pouco) o límite de poboación por concello, poderán dar paseos e facer deporte a calquera hora do día.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As restricións de mobilidade por franxas horarias xa non se farán por concellos na comunidade galega, senón que se distinguirá por núcleo, tal como demandaba a Xunta. Así, todos os núcleos de poboación galegos con menos de 5.000 habitantes estarán libres de franxas horarias para establecer as saídas á rúa a partir deste venres.

Confirmouno este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a través dun chío. Desta maneira, Galicia rexerase polos mesmos criterios ca o Principado de Asturias e, a efectos prácticos, isto suporá que concellos como Castro de Rei ou Outeiro de Rei —que no conxunto municipal superaban por moi pouco o límite dos 5.000 habitantes a pesar de ser dispersos territorialmente— poidan moverse sen restricións horarias.

Podes ler toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...