InicioSociedadeCase 600 contaxiados por coronavirus na área sanitaria de Lugo

Case 600 contaxiados por coronavirus na área sanitaria de Lugo

A cifra de persoas contaxiadas na área sanitaria de Lugo é a segunda máis baixa de Galicia.a

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número total de persoas infectadas por coronavirus dentro da área sanitaria de Lugo é de 571. Mentres o número de persoas falecidas é de 18. En número de persoas contaxiadas a área sanitaria lucense ocupa o penúltimo lugar e é a quinta en falecementos.

En total, o número de infectados por COVID-19 en Galicia ascendeu a 5.631, tras rexistrarse 80 casos novos. A pesar diso, as altas de pacientes tamén se incrementaron e xa ascenden a 997.

Tamén en toda Galicia, 149 persoas permanecen na UCI e 766 están en unidades de hospitalización, aínda que 4.716 están a ser atendidos no seu domicilio. Os test de coronavirus realizados en Galicia (PCR) ascenden a 39.432, segundo os datos de Sanidade.

Máis información en Galicia Confidencial.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Daniel Irimia deixa o PSOE en Cospeito e pasa ao grupo de non adscritos tras reabrirse a súa causa por presunta violencia de xénero

Daniel Irimia, quen foi voceiro do PSOE en Cospeito, deixou as filas socialistas e...

Ferido grave tras chocar contra un cabalo na autovía A-6 ao seu paso polas Nogais

Un home resultou ferido grave na noite do martes tras chocar o vehículo no...

Denunciada unha condutora que cuadriplicaba a taxa de alcol e chocou contra outro coche en Lugo

A Policía Local de Lugo instruíu nas últimas horas varias denuncias en materia de...

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...