InicioSociedadeO HULA suma outros dous mortos polo virus e a provincia conta...

O HULA suma outros dous mortos polo virus e a provincia conta 520 positivos, a gran maioría en atención domiciliaria

Son xa doce as persoas falecidas na provincia, onde se rexistraron 21 altas. Por outra banda, o incremento nos casos activos por coronavirus (+64) correspóndese practicamente na súa totalidade con pacientes que están a ser atendidos nas súas casas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un varón de 87 anos e outro de 75 anos, ambos ingresados no HULA, foron as dúas últimas vítimas mortais por coronavirus na provincia de Lugo, onde o número de positivos sufriu un incremento de 64 persoas respecto da xornada de onte. Así, o Sergas contabiliza 520 casos activos e recolle 21 altas a pacientes na súa última actualización de datos. A cifra de mortes ascende a doce.

A gran maioría dos doentes permanecen nos seus domicilios (430), algo que indica unha incidencia leve do virus nos seus organismos. De feito, o incremento no número de casos activos correspóndese practicamente na súa totalidade con esta tipoloxía de pacientes. Asemade, doce enfermos están a ser atendidos na UCI (oito na do HULA e catro na do Hospital Público da Mariña). Os outros 79 restantes están hospitalizados en planta.

GALICIA

A comunidade galega rexistra 4.379 casos activos, 333 altas de pacientes e 130 falecementos. Podes ler máis información no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo rexeita unha moción do PP para impedir o pagamento da defensa xurídica de Tomé

O pleno da Deputación de Lugo viviu este martes un intenso debate a raíz...

Operación policial en Lugo para desarticular unha rede que explotaba mulleres colombianas, hai un detido

A Policía Nacional, nunha operación desenvolvida conxuntamente con autoridades policiais de Colombia, desarticulou unha...

A Deputación esixe á Xunta a retirada do decreto que pecha os centros de saúde os sábados

  O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes reclamarlle á Xunta de Galicia...

O Concello de Lugo inicia actuacións para a recuperación da contorna do Miño

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, visitou hoxe a contorna dos Robles para presentar...