InicioSociedadeUn novo morto por contaxio de coronavirus en Lugo

Un novo morto por contaxio de coronavirus en Lugo

Trátase dun home de 91 anos que sufría patoloxías previas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O falecido no HULA padecía patoloxías previas que se agravaron co contaxio por coronavirus. Tiña 91 anos e xunto a outras tres persoas, fan un total de 65 mortes pola epidemia da COVID-19 en Galicia.

Segundo informan fontes da Consellería de Sanidade, o outro falecido tiña 74 anos e estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Pola súa banda, as dúas mulleres falecidas con COVID-19 tiñan 80 e 81 anos e permanecían no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) e no Hospital A Rosaleda de Santiago.

Ademais, nas primeiras horas deste sábado coñecíase a morte doutro home de 82 anos ingresado con coronavirus no CHUS e que contaba con patoloxías previas.

Con todos eles, o cómputo de vítimas mortais da epidemia do COVID-19 na Comunidade galega elévase a 65 despois de que este sábado volvésense a rexistrar dez falecidos, a maior cifra de mortes nun só día en Galicia.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...