InicioSociedadeDenunciados 22 condutores en tan só tres días por incumprir o estado...

Denunciados 22 condutores en tan só tres días por incumprir o estado de alarma en Lugo

Enfróntanse a multas que van desde os 601 ata os 30.000 euros por circular pola cidade sen respectar as restricións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- A Policía Local de Lugo tramitou nos tres últimos días 22 denuncias a outros tantos condutores que circulaban pola cidade cos seus vehículos a pesar das restricións impostas polo estado de alarma, decretado polo Goberno de España para frear a expansión do coronavirus.

Segundo informou este corpo de seguridade, axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio estableceron “diferentes dispositivos fixos e móbiles” na cidade nos últimos días e onte denunciaron a outros sete condutores, que se suman aos outros quince denunciados os días 17 e 18 de marzo.

Os axentes cursaron as correspondentes propostas de sanción para cada un dos denunciados, con multas que van desde os 601 aos 30.000 euros. 

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...