InicioSociedadeO avogado do parricida de Monterroso pedirá a nulidade do xuízo cun...

O avogado do parricida de Monterroso pedirá a nulidade do xuízo cun recurso ante o TSXG

Coida que a pena xusta se situaría por baixo dos dez anos de prisión, fronte aos dezasete que lle impuxo a Audiencia Provincial. Apelan aos efectos do alcol e refiren contradicións entre os testemuños dos sanitarios e os axentes da Garda Civil.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O avogado do parricida de Monterroso, César Lodos, anunciou que pedirá a nulidade do xuízo polo que o seu cliente foi condenado a 17 anos de prisión por matar a golpes ao seu pai de 79 anos.

Así o avanzou Lodos en declaracións ante os medios este xoves, á vez que anunciou que presentará un recurso de apelación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) porque entende que “non foi probada a participación” do seu cliente na morte do seu pai.

A través dese recurso vai solicitar “a nulidade do xuízo” -que tivo xurado popular- para que se volva a celebrar e que “non poida preguntarse aos gardas civís sobre o que escoitaron” cando acudiron ao lugar dos feitos.

Neste sentido, Lodos explicou que “hai unha diferenza grande entre o que declararon os gardas civís e o resto de testemuñas e sanitarios que foron alí”. Mentres que os primeiros falan de “golpes e puñadas”, os segundos refiren “unha única patada”.

Ademais, argumenta que na instancia apúntase a que o parricida “estaba custodiado, pero no momento no que hai unha sospeita” de homicidio “teñen que lerlle os seus dereitos e detelo, non poden custodialo catro horas”. Igualmente manifesta que “o informe que realizou o forense estima” que o parricida tiña “2,7 gramos de alcol por litro de sangue ás dez da noite”. Iso “é unha auténtica animalada. Unha persoa con tal índice de alcol en sangue non sabe nin o que di, nin sabe onde está“, subliñou.

Por outra banda, Lodos incidiu que “se o xurado tivo en conta que podía tratarse dun dolo eventual, é dicir que non tiña intención directa de matalo, deberíase de rebaixar bastante a pena imposta”. Estima que debería situarse por baixo dos dez anos de prisión.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...