InicioSociedadeAs Termas acollerá unha nova edición de 'Gana con tu voz', cuxa...

As Termas acollerá unha nova edición de ‘Gana con tu voz’, cuxa fase de inscrición xa está aberta

Tres gañadores do concurso obterán un pase directo ao casting final do programa 'La voz', de Antena 3.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O centro comercial As Termas acollerá en marzo unha nova edición do concurso musical ‘Gana con tu voz’. Hoxe mesmo ábrese o prazo para inscribirse no certame, do cal sairán tres  persoas con pase directo para o casting final do programa ‘La Voz’ (Antena 3).

Será o cuarto ano que se celebre este evento en As Termas, logo do éxito das pasadas convocatorias nas que participaron un total de 306 persoas e se recabaron votos de 357.000 internautas. Desta volta, a fase presencial será os días 18, 20 e 21 de marzo.

Antes diso, as persoas que queiran participar terán que cubrir un formulario na páxina do concurso. Deberán compartir tamén un vídeo (previamente publicado en Youtube) no que amosen as súas cualidades vocais. A data límite para anotarse é o 11 de marzo.

A DINÁMICA DO CONCURSO

O concurso busca cantantes solistas entre os 18 e os 58 anos de idade, residentes no territorio español. Entre todos os inscritos, elixiranse 50 candidatos. Tres deles quedarán na man dos internautas que, paralelamente ao período de inscrición, poderán decidir quen son os seus cantantes favoritos para participar na semifinal local, que está prevista o 18 e 20 de marzo. Os finalistas terán que demostrar de novo a súa valía o 21 de marzo “ante un xurado de excepción”.

Segundo explican dende a organización, en As Termas escolleranse tres gañadores que terán como premio un pase directo ao casting final de La Voz, a última fase antes das chamadas Audicións a Cegas, xa emitidas por televisión.

Como novidade, os clientes de cada centro comercial onde se celebre ‘Gana con tu voz 2020’ poderán conseguir dúas entradas para asistir como público á gravación dun dos programas de La Voz.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...