InicioSociedadeTragsa farase cargo dos 20 traballadores de Suplusa tras asumir o mantemento...

Tragsa farase cargo dos 20 traballadores de Suplusa tras asumir o mantemento das zonas verdes de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo acordou este venres adxudicar o mantemento das zonas verdes da provincia á empresa pública Tragsa, que subrogará aos 20 traballadores que prestaban os seus servizos en Suplusa, en fase de disolución.

Así o comunicaron tras a xunta de goberno o deputado Pablo Rivera e a vicepresidenta da Deputación, a nacionalista Maite Ferreiro. Isto prodúcese despois de que a pasada semana asinásese a adquisición dunha acción desta empresa pública por un importe superior aos 8.000 euros.

“O máis importante”, concretou Rivera, é que a empresa asumirá os traballadores que viñan desenvolvendo estes servizos para Suplusa “coas mesmas condicións laborais e salariais“.Ferreiro apuntou “a urxencia” á hora de tomar esta decisión, a opción “máis rápida” para que este persoal “non acabase na rúa”.

Doutra banda, informouse do reflote por completo do catamarán que se afundiu, na zona das Illas no Concello de Lugo, tras o último temporal. “Vaise a tratar de volver á súa posición natural con flotadores, e demais técnicas que está a facer unha empresa especializada nestas cuestións”, concretou Rivera.

+ posts

ÚLTIMAS

Os premios Dalle like recoñecen os creadores de contido galegos co apoio da Deputación

  O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este sábado na...

O PP reclamará na Deputación o arranxo da LU-P-1811 en Chantada

Os deputados do Grupo Provincial Popular reclamarán no vindeiro pleno que o goberno da...

Lugo aproba o seu novo organigrama cun aforro do 40% no gasto político

O Concello de Lugo acolleu este venres a sesión plenaria na que se aprobou...

A Deputación financia unha nova área de autocaravanas na Pastoriza

  O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este sábado na inauguración da...