InicioLugo e contornaLugo"En Lugo farían falla, polo menos, 100 gardas civís máis"

“En Lugo farían falla, polo menos, 100 gardas civís máis”

Así o conisera a Unión de Gardas Civís (UGC). Alertan de que "o aumento de roubos é exponencial á diminución de efectivos da Garda Civil".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil perdeu máis de 10.000 efectivos nos últimos sete anos en España, segundo os datos facilitados este martes polo secretario xeral da Unión de Gardas Civís (UGC), Marcelino García, nunha rolda de prensa en Lugo na que estivo acompañado pola presidenta da Asociación Española contra la Despoblación, Lida Díaz.

“Arrastramos unha perdida de máis de dez mil efectivos nos últimos sete anos, e en concreto en Lugo farían falta polo menos cen efectivos máis”, subliñou García.

Por parte da UGC fíxose fincapé en que “a Garda Civil en Lugo está formada por catro compañías, á súa vez esas compañías están formadas por 49 postos que se distribúen en 12 núcleos operativos”. Na provincia os efectivos “roldan os 980, 910 homes e 70 mulleres“, e no caso de Lugo advertiu dunha “dificultade de cobertura de patrullas 24 horas ao día en cada núcleo operativo”.

“isto débese á falta de persoal, á organización de recursos humanos que é ineficiente dado que se constata o alto volume de persoas ocupadas en situacións burocráticas e tamén se debe a un despregamento obsoleto, dado que dos 49 postos só abren catro as 24 horas e son Monforte, Burela, Ribadeo e Vilalba”, ademais da Comandancia de Lugo.

Ante estas carencias, previamente sinalou que son un “corpo eminentemente rural”, e reivindicou a necesidade de “aumentar os persoais, a optimización de recursos e a externalización” de profesións no Instituto Armado, “por exemplo, externalización do servizo sanitario, do servizo de psicoloxía ou tamén de mecánicos”, abundou.

Pola súa banda, Lidia Díaz puntualizou que “o aumento de roubos é exponencial á diminución de efectivos da Garda Civil“, á vez que lamentou que en Galicia “existen moi poucos equipos especializados en mulleres e en menores”. A pesar desta situación, ambos expuxeron que non lles consta o peche “inmediato” de cuarteis na provincia de Lugo, sobre eses 49 que operan na actualidade.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...