InicioLugo e contornaCondenado por esixir á súa inquilina relacións sexuais para non botala da...

Condenado por esixir á súa inquilina relacións sexuais para non botala da habitación que lle alugou

A Audiencia de Lugo avala a condena e o montante da multa tendo en conta o contexto de abuso de superioridade no que se produciu.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo confirmou a condena imposta a un home por esixir á súa inquilina manter relacións sexuais a cambio de non botala da habitación que lle tiña alugada.

A sentenza avalada pola Audiencia, procedente do Xulgado de Instrución número 3 da cidade, considera o home autor dun delito de coaccións en “grao leve”, aínda que lle impón unha multa de 120 euros por considerar que este tipo de actitudes non poden “quedar despenalizadas”.

Na mesma liña, a Audiencia Provincial destaca no seu fallo o “contexto” no que se produciron os feitos probados. “Non é unha mera invitación a manter relacións sexuais, que sería en todo caso atípica, se non que tal invitación se torna coactiva en base á insistencia no requirimento, especialmente atendida a súa posición preeminente, pois é o arrendador da vivenda”. A maiores, o tribunal “advirte claramente o ton coactivo” nas mensaxes enviadas á vítima.

Segundo o escrito, os feitos remóntanse a agosto do ano 2018, cando a vítima contratou unha habitación en réxime de aluguer ao denunciado, a través dun “contrato verbal” polo que abonou os 200 euros do primeiro mes.

Con todo, unha semana despois, o caseiro enviou unha mensaxe ao teléfono móbil da súa inquilina propóndolle manter relacións sexuais a cambio de deixar de pagar o aluguer, algo que ela rexeitou.

Ante a negativa da vítima a esta proposición, continúa o fallo, o condenado envioulle outras mensaxes ao longo da mañá daquel día, entre eles un no que lle dicía ‘Pois en setembro busca un piso”. A muller abandonou esa mesma xornada a vivenda.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación comeza as obras na vía de Louxas en Navia de Suarna

  A Deputación de Lugo vén de iniciar os traballos de rehabilitación da vía LU-P-3506,...

A Deputación colabora con Xuvenciencia no Campus Terra para fomentar a curiosidade científica entre os máis novos

  O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, participou este luns...

O PSdeG esixirá no Pleno da Deputación a retirada do decreto da Xunta que pecha consultas e sobrecarga os PAC

O Grupo Provincial Socialista esixirá no Pleno ordinario da Deputación de Lugo, que se...

O Concello de Lugo aproba a licitación de contrato da programación dos centros de convivencia

A Xunta de Goberno Local aprobou a licitación do contrato da programación dos centros...