InicioSociedade13 persoas faleceron o pasado ano nas estradas de Lugo polo uso...

13 persoas faleceron o pasado ano nas estradas de Lugo polo uso do móbil ao volante

A DXT e a Garda Civil inician o vindeiro luns unha campaña de concienciación sobre o risco do teléfono movil mentres se conduce

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de 13 persoas faleceron o pasado ano nas estradas da provincia de Lugo polo uso do telefono móbil ao volante, segundo os datos ofrecidos pola subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, durante a presentación dunha campaña de concienciación sobre os riscos de atender o móbil mentres se conduce.

A Dirección Xeral de Tráfico e a Garda Civil desenvolverán entre o vindeiro luns 16 e o 22 de setembro a campaña nas estradas da provincia coincidindo cunhas datas nas que, hai un ano, se producían nove vítimas mortais en oito accidentes, cinco deles producidos por distraccións ao volante.

“O móbil é estupendo para pedir axuda en caso dunha emerxencia, pero usalo mentres se conduce un vehículo ou se cruza unha rúa é un auténtico perigo”, resaltou Isabel Rodríguez, que puxo o foco en que o 45% dos accidentes con vítimas mortais rexistrados en Lugo o pasado ano foron por distraccións.

No que vai de ano, segundo as cifras de Tráfico, o factor da distracción interveu en máis da terceira parte dos accidentes mortais das vías lucenses, nos que faleceron catro persoas.

Pola súa banda, o xefe provincial de Tráfico, Ángel Álvarez, incidiu en que existen estudos que afirman que o uso do móbil aumenta entre tres e catro veces o risco de colisión.

Ademais, despois dun minuto e medio falando por teléfono mesmo cun sistema de mans libres, o condutor deixa de percibir o 40% dos sinais, a súa media de velocidade baixa un 12%, o ritmo cardíaco acelérase “bruscamente” e increméntase o tempo de reacción.

Con todo, Álvarez alertou que o teléfono móbil “non é a única causa” das distraccións ao volante. Usar indebidamente o navegador, fumar, mirar un mapa ou colocar un obxecto no habitáculo do vehículo tamén aumental o risco de sufrir un accidente de circulación.

ÚLTIMAS

Sae a subasta por case 800.000 euros o local da centenaria pastelaría Madarro de Lugo

A Sección Civil de Execución do Tribunal de Instancia de Lugo dirixe a poxa...

O BNG pedirá no Congreso melloras no servizo de Correos na comarca de Lugo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou novas iniciativas para reclamar ao...

Un matrimonio de avanzada idade falece nun choque entre un camión e un turismo en Antas do Ulla

Dúas persoas, un matrimonio de avanzada idade, faleceron este martes nun accidente de tráfico...

Os gandeiros manteñen a tractorada en Lugo e o BNG denuncia a “competencia desleal” de Mercosur

Os gandeiros de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema, concentrados na cidade de Lugo...